Xuño festexa o Samaín con xogos merendas (hoxe) e unha exposición de cabazas do alumnado do CEIP (mañá)

31 Outubro 2023

O concello de Porto do Son é estes días un fervedoiro de celebracións de Samaín. Entre as moitas festas previstas non podemos deixar de destacar a que preparan a Asociación de Nais e Pais (ANPA) As Furnas e a Asociación de Veciños Sartaxas de Xuño. As actividades (terroríficas e divertidas á par que creativas) desenvolveranse este martes 31 de outubro e, tamén, este mércores festivo, 1 de novembro, logo das celebracións desenvolvidas o sábado 28 (obradoiros de cociña e de cupcakes en inglés). A festa de Samaín deste martes comezará ás 19.00 horas con xogos e merenda para a rapazada participante. Na seguinte xornada, a deste mércores, poderemos ver (en horario de mañá e de tarde) a exposición de cabazas preparada polo alumnado do CEIP de Xuño. Será na Casa da Cultura, dende as 10.00 ás 13.00 e dende as 16.00 ás 19.30 horas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.