A RAGBA concede a Medalla de Honra á Fundación Catedral dirixida polo pobrense Daniel Lorenzo

30 Outubro 2023

Acto de entrega da Medalla de Honra á Fundación Catedral

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou sesión extraordinaria pública con motivo da entrega da Medalla de Honra da RAGBA á Fundación Catedral de Santiago que dirixe o pobrense, Daniel lorenzo. O acto celebrouse no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento –Hospitalillo de San Roque– ao que asistiron o presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo; o vicepresidente da RAGBA, Celestino García Braña que fixo a laudatio; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua; o director da S.A. de Xestión do Xacobeo, Ildefonso Campa; o Arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto Fernández que recolleu a medalla como presidente da Fundación Catedral de Santiago; o Arcebispo Emérito de Santiago, Julián Barrio; o Deán da Catedral, José Fernández Lago; o Vicario Xeral da Catedral, José Andrés Fernández; o Moderador de Curia, Manuel Jesús Formoso; o director da Fundación Catedral de Santiago e académico da RAGBA,
Daniel Lorenzo; o director Técnico do Museo Catedralicio, Ramón Yzquierdo Peiró; a restauradora do Museo Catedralicio, Noelia Márquez; o Ecónomo Diocesano, Fernando Barros; e o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar.

Director da Fundación Catedral de Santiago e académico da RAGBA, Daniel Lorenzo

A Medalla de Honra da Academia distingue a institucións galegas que traballan na promoción das artes e que acadan unha fonda repercusión, entre as que xa foron recoñecidas a Deputación da Coruña, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, a Fundación Caixagalicia, a Fundación Caixa Vigo, a Deputación de Lugo, Manuel Colmeiro Guimarás, a Orquestra Sinfónica de Galicia, o Colexio de Arquitectos de
Galicia e o Museo do Pobo Galego. Manuel Quintana Martelo deu os seus parabéns á Fundación Catedral polo recoñecemento, en concreto ao Arcebispo Monseñor Francisco José Prieto Fernández, ao director da Fundación Catedral e ao director do Museo Catedral, Ramón Yzquierdo Peiró, institución museística que no último ano recibiu máis de 400.000 visitantes.
O presidente manifestou o interese da Academia en seguir mantendo “tan excelente relación de traballo coa Fundación Catedral co empeño de continuar pola relevancia e engrandecemento da arte e cultura galegas”. Quintana Martelo lembrou a posta en marcha do Día das Artes Galegas en 2015, precisamente dedicado a figura do Mestre Mateo, efeméride que se celebra o 1 de abril como lembranza a data gravada nos linteis do Pórtico da Gloria polo escultor e arquitecto.

Así xurdiu tamén a colaboración para levar a exposición do Mestre Mateo ao Museo del Prado entre a RAGBA, a Fundación Catedral e o propio museo nacional, que Quintana Martelo catalogou de “mostra de gran éxito para a historia da arte galega” que levou a milleiros de visitantes de todo o mundo a contemplar a obra do artista galego.
Fundación Catedral, instrumento estratéxico necesario para a rehabilitación do complexo catedralicio, “un traballo indispensable,amplamente colectivo e o único posible para manter a súa dignidade”
Celestino García Braña destacou na lectura da laudatio que a Fundación Catedral, creada en 2008, é unha institución que desenvolveu un amplo labor de orientación, coordinación e execución das obras de rehabilitación integral da catedral compostelá que alcanzara, nalgúns puntos, cotas de notable deterioración que esixían dispoñer de importantes recursos materiais e a participación de cualificados arquitectos e empresas construtoras.
“A Fundación Catedral merece todos os recoñecementos da RAGBA e de toda a sociedade galega. Consolidouse en poucos anos como o instrumento estratéxico necesario para a rehabilitación do complexo catedralicio. O traballo que realiza a Fundación Catedral entronca con todo o pasado catedralicio na medida en que case todas as súas partes reclaman a atención reparadora nun traballo que require unha
profunda investigación, que se realiza nun permanente diálogo coa historia construída da Catedral. Foi un traballo indispensable, amplamente colectivo e o único posible para manter a dignidade da Catedral. Estas obras de rehabilitación constitúen o cuarto gran momento na historia da gran mole catedralicia compostelá como expresión do presente arquitectónico que nos tocou vivir” –manifestou García Braña que lembrou como a Catedral conseguiu en 2021 o Premio Patrimonio da Humanidade outorgado polo Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España–.
Así, García Braña apuntou que en 2009 a Fundación Catedral iniciou, co financiamento da Xunta de Galicia, a rehabilitación da fachada da Praza da Inmaculada e a Torre do Reloxo, obra principal do arquitecto barroco Domingo de Andrade; a restauración do Pórtico Real, complexa obra do arquitecto José Peña e Toro; e xa en 2011 a restauración da fachada do Obradoiro.
Xa coa aprobación por parte do Concello de Santiago do Plan Director da Catedral, García Braña sinalou que se iniciou un labor de longo percorrido, a través da colaboración coa Fundación Barrié, para promover a restauración do Pórtico da Gloria, ao que máis tarde se uniría o Misterio de Cultura, a Consellería de Cultura, o Instituto del Patrimonio Cultural de España e especialistas internacionais que acabaron “un traballo de gran calidade” en 2018 e que se fixo meritorio para conseguir o premio Patrimonio Europeo Europa Nostra en 2019.
O vicepresidente da RAGBA lembrou tamén que en 2015, para dar un enfoque global á dirección das obras, asinouse un convenio entre a Fundación Catedral, o Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas e a Xunta de Galicia, responsabilidade que foi asumida pola Casa da Fábrica. García Braña enumerou os proxectos realizados, desde a cripta do Obradoiro ata o cimborrio, alcanzando a totalidade das cubertas, as capelas absidais, as fachadas de Fonseca e da Acibechería, a Torre da Vela e a capela da Comuñón, así como o Plan Director de Iluminación.

No que se refire ao Museo Catedral, Celestino García Braña explicou que esta institución viviu nos últimos anos unha completa transformación, tanto dos seus espazos como do seu programa museolóxico. Algunhas das accións máis destacadas foron a remodelación da colección permanente do Museo no edificio claustral; a creación do espazo Mestre Mateo no palacio de Xelmírez; a renovación dos programas
de visitas que organiza o Museo, entre elas as visitas ao Pórtico da Gloria e ás Cubertas; e, no ámbito da difusión, a organización de diversas exposicións temporais relacionadas coas coleccións catedralicias, destacando particularmente a exposición Mestre Mateo no Museo del Prado, organizada conxuntamente coa Real Academia Galega de Belas Artes e co propio museo nacional. “A exposición conseguiu notable
repercusión polo impacto que causou a excepcionalidade daquelas imaxes, ata espertar o interese dun gran museo neoiorquino, que a punto estivo de levar á súa sede aquela singular mostra da escultura románica galega” –resaltou García Braña–.
Tamén quixo destacar o vicepresidente da Academia o papel do Arquivo Catedral, encargado de forma cotiá de xestionar o patrimonio documental e bibliográfico que  atesoura.
Actualmente, García Braña sinalou que a Casa da Fábrica reclama novas intervencións, e a través dun novo programa de rehabilitación e restauración, coa colaboración da Xunta, está a desenvolver actualmente obras en varias capelas da carola. No ámbito museístico, apuntou que se está avanzando en proxectos museolóxicos e museográficos para mellorar a conservación das súas coleccións e
proseguir co estudo e posta en valor ante a sociedade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.