Finaliza o episodio de vento e chuvia cun total de 456 incidencias e efectos en Ribeira e Boiro

29 Outubro 2023

A maior parte das intervencións estiveron motivadas pola caída de árbores, asolagamentos en estradas e rúas e accións dos equipos de emerxencias para evitar riscos derivados da situación climática.

No día de onte, o 112 Galicia contabilizou un total de 456 incidencias relacionadas cos fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel laranxa no mar e avisos amarelos en terra por chuvia e vento. O maior número das intervencións realizáronse na provincia de Pontevedra (183), seguida da Coruña (176), Lugo (63), e Ourense (34).

Os concellos que sumaron máis intervencións foron, en Pontevedra, Vigo, Pontevedra, Nigrán, Soutomaior; na Coruña, Santiago de Compostela, A Coruña, Ponteceso, Boiro, Ribeira; en Lugo, Palas de Rei, Foz; e en Ourense, a mesma capital.

Como indicamos, a maior parte das chamadas que se recibiron no 112 Galicia, e que implicaron a mobilización de recursos, estiveron relacioanadas coa caída de árbores (184), asolagamentos en estras e rúas (85), asolagamentos en baixos e garaxes (17) e en vivendas (14). Tamén destacaron algunhas accións dos equipos de emerxencias para evitar riscos (54), e atendemos cinco chamadas por embarcacións que se soltaron do amarre sen máis consecuencias.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...