Abeloura festexa o Nadal cun festival folclórico

27 Decembro 2019

O Nadal boirense suma unha nova xuntanza folclórica: o VII Festival Abeloura. Este evento arrancará a partir das 18.00 horas do sábado 28 cos pasarrúas pola rúa peonil de Boiro. A continuación, desenvolverase o propio festival, ás 18.30 horas, na Casa da Cultura Ramón Martínez López.

Así, contará con actuacións de música e baile tradicional galegos a cargo de Os Centenarios (Louro), As Patronas e Galanciños da Asociación Amas de Casa-Hórreo (Mazaricos), Nunca é Tarde (Boiro) e AMBT Abeloura (Cespón, Boiro).

Ademais, sortearanse entre os asistentes numerosos agasallos doados por establecementos locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.