O Concello da Pobra e a Fundación RIA avalían a humanización da AC-305 ao seu paso polo municipio

27 Outubro 2023

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, e a concelleira da Mobilidade, Rosana Pérez, mantiveron este 27 de outubro unha reunión de traballo co director da Fundación RIA, Manuel Rodríguez, para avaliar a proposta de ampliar o proxecto de humanización da AC-305 ao seu paso pola localidade. De feito, a intención da Fundación RIA é dar continuidade a este proxecto que se iniciaría no concello de Ribeira para facelo extensivo á Pobra do Caramiñal na senda dunha planificación territorial estratéxica.

No contexto específico da Pobra analizouse como afectaría esta actuación á circulación do tráfico rodado, pero tamén á mobilidade peonil trala ampliación das beirarrúas, ademais de como afectaría ás edificacións e ás infraestruturas situadas a carón da referida estrada de titularidade autonómica, como, por exemplo, a propia Casa Consistorial.

Tanto o rexedor coma a edil indicaron que “a análise da Fundación RIA coincide en gran medida coa efectuada polo Goberno local no que se refire a necesidades por solucionar no curto ou no medio prazo no núcleo urbano”.

Deste xeito, acordaron sinalar na axenda futuras xuntanzas para seguiren a afondar nesta cuestión e presentárenlla á totalidade da Corporación municipal, para “contar cun proxecto realista acorde coas características urbanísticas da Pobra e buscar formas de financiamento”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.