
O Grupo Municipal Popular de Ribeira, a través do concelleiro Alejandro Vidal Álvarez, achegou unha pregunta para o pleno da Corporación relativa ás instalacións deportivas da punta do Castro, en Castiñeiras, onde a agrupación local do PP atopou elementos deteriorados que requiren, nas súas palabras, o arranxo por parte da Administración local, principalmente focalizados estes deterioros no valado das pistas da área deportiva e lecer do Castro.
E explican: “Dende o Grupo Municipal do Partido Popular, consideramos que sendo unha das áreas onde os nosos/as cativos/as, e non tan cativos/as, desfrutan das distintas modalidades que alí se practican, como son fútbol, baloncesto, tenis e ademais, e, a maiores, poden desfrutar dun parque infantil, consideramos oportuna a nosa pregunta e preocupación”.

Segundo critican, as eivas actuais que presenta o valado, “froito do uso continuado e diario da utilización das distintas áreas”, afectan ás distinta zonas do complexo e dificultan a súa actividade independentes unhas de outras, e incluso habendo pequenos riscos de que algún balón poda golpear a nenos/as que están xogando no parque infantil”.
Polo exposto, o PP formula a seguinte pregunta: “Ten o Goberno local prevista algunha actuación nestas instalacións e nesta parroquia que en 100 días parece que caeu no esquecemento?”




