A pianista I-An Chen acompañará ao alumnado da Aula Galega de Saxofón en dous concertos

27 Xuño 2019

20190627. Esta vindeira fin de semana remata un curso da Aula Galega de Saxofón e, para tal ocasión, os alumnos ofrecerán dous concertos acompañados da pianista taiwanesa I-An Chen que estará en Ribeira substituíndo á inicialmente prevista Hilomi Sakaguchi.

I-An Chen é unha pianista que se formou en acompañamento na Universidade de Michigan, unha das mellores dos Estados Unidos. Ademais, é a pianista acompañante oficial do concurso de saxofón máis prestixioso do mundo, o Jean Marie Londeix Competition, que se celebra en Bangkok cada catro anos.

Os concertos terán lugar o venres 28, ás 20.30 horas, e o sábado 29, ás 20.00 horas, ambos no salón de actos do Conservatorio de Música Profesional de Ribeira ‘Enrique Paisal’. Rematarán cunha intervención do profesor da Aula Galega de Saxofón, Rodrigo Vila e I-An Chen.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...