Este martes abre o prazo para presentar obras ao Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), que chega á súa XXXVI edición

31 Xullo 2023

Este martes 1 de agosto o Concello de Dodro, a través da súa Área de Cultura, abre oficialmente o prazo para a presentación das obras candidatas ao XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2023. O período para achegar contribucións ao certame ficará aberto até o vindeiro 22 de setembro de 2023. Quen precise máis información sobre o concurso e a presesenta convocatoria tena ao seu dispor, ademais das bases, no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro é un referente da creación poética galega, como tamén o é o certame que leva o seu nome, un dos máis antigos de Galicia, que trinta e catro anos despois da súa creación segue servindo de estímulo á produción lírica na nosa lingua. No ano 2021, foi merecedora deste galardón Clepsidras, primeira obra poética da consagrada escritora, Inma López Silva. En 2022 o certame recaeu na poeta lucense Brenda Mondelo pola súa obra Neve.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.