As Xornadas por un Monte Vivo, previstas para esta fin de semana en Rianxo, aprazadas ata próximo aviso polo mal tempo

24 Outubro 2023

Debido á choiva prevista para esta fin de semana en Rianxo, a Plataforma pola Defensa do Monte e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza decidiron atrasar a celebración das Xornadas por un Monte Vivo ata próximo aviso.

Conservarase a dirección de correo electrónico das persoas inscritas para enviarlles unha mensaxe cando se estableza unha nova data para o evento.

As novidades sobre a celebración das Xornadas publicaranse na páxina web do Laboratorio Ecosocial do Barbanza (barbanzaecosocial.org) e da Fundación RIA (fundacionria.org), así como nas canles en redes sociais da Plataforma pola Defensa do Monte e nas das entidades colaboradoras no evento.

Para máis información, poden escribir a info@barbanzaecosocial.org.

Como dixemos, as xornadas veñen da man da Plataforma pola Defensa do Monte de Rianxo e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que buscan dar continuidade á colaboración entre ambas entidades desde 2021 impulsando unha fin de semana ateigada de actividades abertas á participación da cidadanía.

A orixe destes encontros está nos incendios que asolaron o territorio de Rianxo e que motivaron a constitución da Plataforma en Defensa do Monte –formada por oito comunidades de montes de Rianxo e pola asociación Fousas ao Monte–, co obxectivo de “promover un cambio de modelo”, que na actualidade está caracterizado polos monocultivos forestais, as dificultades para levar a cabo unha xestión activa do monte e os incendios recorrentes, sinalan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.