O novo Goberno de Ribeira comprométese a resolver as necesidades da parroquia de Olveira

26 Outubro 2023

O Goberno local de Ribeira mantivo este mércores 25 de outubro unha reunión coa veciñanza de Olveira para abordar as necesidades da parroquia. A xuntanza, celebrada en aberto, tivo o obxectivo de “escoitar activamente as propostas e necesidades de mellora”, segundo afirmou o rexedor Luís Pérez Barral, e nela tratáronse temas relacionados co mantemento, a limpeza, o alumeado e o saneamento. A veciñanza expuxo así mesmo necesidades relativas á ampliación de mobiliario urbano e á dinamización cultural da parroquia.

O equipo de Goberno, pola súa parte, comprometeuse a atender canto antes ditas necesidades, aínda que algunhas cuestións, recoñeceron, “requirirán tempo para poder executarse”. Os membros do Concello tamén debullaron o estado no que se atopa o saneamento do núcleo de Campelos, cuxas obras xa comezaron, así como tamén se comprometeron a solicitar á Xunta a reforma integral do Colexio de Olveira.

Luís Pérez e o concelleiro Suárez Puerta afirmaron que se “van a presentar emendas aos orzamentos da Xunta para solicitar que se inclúa a reforma do edificio que permita mellorar a envolvente térmica, a accesibilidade e a seguridade”.

Durante a reunión tamén se abordou a necesidade de dinamizar e revitalizar a parroquia no ámbito cultural e ambiental, xa que é preciso “poñer en valor o Parque Natural” segundo afirmou a concelleira de Medio Ambiente Antía Alberte, tamén presente no encontro.

O equipo de Goberno comprometeuse a traballar para mellorar a limpeza e o saneamento, ampliar mobiliario urbano -papeleiras, bancos- e trasladar aos organismos competentes as cuestións relacionadas co Parque Natural e a reforma do colexio.

Na xuntanza estiveron presentes o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, os tenentes de alcalde, Vicente Mariño, Francisco Suárez-Puerta, Xabier Vidal e os edís, Antía Alberte e Fernando Abraldes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.