Galicia pon en funcionamento este luns o servizo 028 Arco da Vella de información, asesoramento e atención inmediata fronte á violencia por lgtbifobia

01 Outubro 2023

O servizo 028 Arco da Vella de información, asesoramento xurídico e atención psicosocial inmediata e especializada fronte a todas as formas de violencia por LGTBIfobia ponse mañá en funcionamento en Galicia. A iniciativa é froito do convenio de colaboración asinado entre o Minesterio de Igualdade e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

O servizo que é gratuíto está dirixido, en concreto, ás vítimas de delictos de odio ou de discriminación por LGTBIfobia, así como para informar e atender calquera necesidade das personas LGTBI, ás súas familias ou achegados. Ademáis do número de teléfono abreviado, ponse tamén á disposición da cidadanía dúas direccións de correo electrónico: 028-online@igualdad.gob.es e/ou sevizo028arcodavella@xunta.gal.

O 028 é confidencial e atenderá, polo tanto, chamadas de información e sobre atención integral (solicitude de axuda tras un ataque, peticións de información relacionadas con delictos de odio ou violencia intraxénero e as chamadas referidas a cuestións de saúde, incluída a saúde sexual e reprodutiva).

O 028 tamén atenderá situacións de urxencia ou emerxencia, derivando de xeito inmediato a chamada ao teléfono de emerxencias 112 de Galicia.

En definitiva, este novo servizo permitirá ofrecer asesoramento xurídico, emocional e psicolóxico, itinerarios individualizados de atención social, orientación laboral e educativa, información sobre servizos e recursos dispoñibles ou información e asesoramento en temas de saúde.

A Xunta mantén un firme compromiso na loita contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero que aborda de xeito transversal. Galicia é referente por ter unha Lei propia que consolida o principio de igualdade en LGTBI. No Foro de Identidades e Disidencias Sexuais, que se desenvolve no seo do Consello da Cultura Galega, o Goberno galego está a incidir na educación en igualdade e en colaboración coas entidades, continúa a poñer en marcha campañas, acompañamento e asesoramento sobre recursos sociais e sanitarios para este colectivo, ao tempo que avoga pola formación específica para o persoal das administracións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.