“Fame e desigualdade” – José Manuel Pena

02 Outubro 2023

800 millóns de persoas pasan fame, literalmente, no planeta. Cantidade de países con grandes niveis de pobreza extrema e fortes desigualdades, principalmente en América latina, en África ou en Asia.

Por se fose pouco, España é un dos tres países de Europa con maior nivel de desigualdade, e a pesar de que o sistema de servizos sociais desenvolveuse intensamente nos últimos trinta anos, aínda que queda moito que mellorar dunha maneira máis integral. A estas alturas, continúase traballando para a garantía dunhas rendas mínimas que manteña unha protección social digna e adecuada para todos os cidadáns, dunha maneira real e efectiva.

A realidade, e os propios expertos económicos así nolo indican, é que as futuras xeracións van vivir moito peor que os nosos pais e avós. Isto por repetilo moitas veces non vai cambiar a situación, como non adoptemos as medidas correctoras oportunas. Teriamos que tomar conciencia sobre a necesidade dunha mobilización social para que o gobernante e os organismos internacionais, como a ONU, cumpran cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio para erradicar a pobreza e a fame en todo o mundo antes do 2.030.

Lamentable que no século XXI siga habendo millóns de persoas “morrendo” de fame no mundo, é que algo falla no sistema, que non é ben xestionado por parte dos nosos mandatarios que se limitan a tomar medidas cortoplacistas.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.