Teatro Ghazafelhos súbese ás táboas do Elma

26 Decembro 2019

O pobrense Elma albergará ás 18.30 horas deste xoves 26 a posta en escena de Rubicundo, a cargo de Teatro Ghazafelhos. Baseada no libro homónimo de María Canosa, esta peza teatral preséntanos a un personaxe que sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pechada. Semella que ninguén repara nesta figura enfundada nun gabán e sombreiro de copa, agás Erea, quen está disposta a chegar ata a fin daquel misterio. Unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abrindo a posibilidade de perseguir os soños sen sentir fronteiras.

A entrada é libre e ata completar aforo. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.