Atropelo mortal en Outes, unha muller alcanzada no Freixo

03 Outubro 2023

Unha muller falece tras ser alcanzada por un vehículo na AC-550, na recta de Xiao, no Freixo, Outes.

A información sobre este suceso chegou á central do 112 Galicia cando faltaban uns minutos para o mediodía. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 daban o aviso logo de enviar ao lugar do accidente unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago.

Nada puido facerse para salvar a vida desta persoa, tal e como indicou o equipo médico pouco tempo despois.

Con todo, desde o 112 Galicia, solicitouse a colaboración doutros grupos de intervención como os axentes da Garda Civil de Tráfico ou os membros do GES de Noia e Protección Civil de Outes.

Trátase do segundo atropelo mortal do que vai de xornada. Na madrugada de hoxe, outra persoa faleceu en Santiago en circunstancia semellantes. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.