Unha persoa falece en Santiago logo de ser alcanzada por un turismo. Detidas dúas persoas

03 Outubro 2023

Un veciño do barrio de Conxo en Santiago faleceu a primeira hora desta mañá alcanzado por un coche. O sucedeu aconteceu na rúa da Poza Real de Arriba, en Conxo, en Santiago de Compostela. Trátase da vella estrada de acceso a Santiago antes de existir a ponte da Rocha.

Ao fío das 06:00 horas desta mañá, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba ao 112 Galicia dun atropelo a unha persoa. Engadían, ademais, que o vehículo implicado continuara a marcha.

Así, con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local, da Nacional e dos Bombeiros.

Nada mais chegar ao punto, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa. O veciño parece paseaba o seu can era unha persoa moi coñecida no barrio e tiña 59 anos. O suceso conmocionou á barriada e a Asocación de Veciños vén amosando desde hai tempo a falla de luz e o exceso de velocidade dos coches na zona utilizada por moitos coches para evitar a ponte e con iso acceder á capital.

Segundo informa a Policia Nacional de momento hai dúas persoas detidas polo suceso.

foto: O Barbanza

O atropelo colapsou a zona e os accesos a Santiago e da autovía a Noia polos controis policias.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.