Un dos implicados presuntamente na morte dun veciño de Conxo en Santiago é de Ribeira

04 Outubro 2023

Os dous detidos son un home de 30 anos de idade e unha muller de 27. El é veciño de Teo e ela de Ribeira

A morte na maña do martes dun home de 59 anos no barrio de Conxo en Santiago e do que informamos en O Barbanza, está a ser investigada pola policia nacional que non descarta ningunha opción.

O home moi coñecido na barriada, foi alcanzado por un vehículo cando paseaba o seu can ás 5.40 da mañá, antes de ir a recoller a súa dona que saía de garda do traballo.

Segundo as informacións o home atropelado por un coche no que ían un conductor e a súa acompañante, que se foron do lugar do suceso, si ben despois chamarían á garda civil para informar do suceso e serían detidos posteriormente.

Segundo aos primeiras declaracións aos axentes tras ser arrestados,manifestaron que na zona estaban a producirse moitas picadas de rodas e que estaban alí esperando a ver se descubrían ao responsable. Nese momento viron á vítima e pareceulles que estaba a danar un vehículo, polo que quixeron darlle un susto, pero perderon o control do coche que conducían, subíronse á beirarrúa e atropelárono causándolle a morte sen pretendelo.

Esperase que nas próximas horas pasen a disposición xudicial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.