Unha sentenza xudicial obriga a pechar a gasolineira SBC de Ribeira

05 Outubro 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o tenente de alcalde Vicente Mariño e máis o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, compareceron este xoves 6 de setembro ante os medios de comunicación para dar explicacións sobre a sentenza que obriga a pechar a gasolineira SBC de Ribeira.

Segundo lembraron, “no ano 2013 o Concello de Ribeira autoriza a licenza para o negocio; posteriormente prodúcese un recurso contencioso-administrativo e en xullo de 2017 chega a sentenza que anula dita licenza, recorrida despois polo Concello”. Segundo explicou Suárez-Puerta, “a gasolineira construíuse nunha parcela que estaba afectada por un incendio, tal e como informou o Servizo de Montes, polo que non se podía exercer a actividade”.

Nova licenza

Pérez, Mariño e Suárez-Puerta explicaron que “empresa presentou un escrito de subsanación de discrepancias de catastro sobre unha segunda parcela non afectada, solicitando unha nova licenza que é aprobada no 2021. A segunda licenza é recorrida no contencioso administrativo, polo que chega ao Concello unha nova sentenza de clausura de actividade da gasolineira”. No documento do do Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, especifícase que “a licencia outorgada ten a finalidade de eludir o cumprimento do fallo, ao cal contradí, e debe ser anulada”.

Francisco Suárez-Puerta destacou que “non é unha decisión política; senón que se trata dunha sentenza xudicial que este Goberno local debe cumprir”.

O equipo do Executivo ribeirense destacou “as resolucións xudiciais desfavorábeis que recaeron de xeito sucesivo nas impugnacións dos expedientes de licencias municipais que autorizaban a implantación da estación de servizo SBC”.

De feito, a segunda licenza, outorgada no 2021, “foi declarada nula de pleno dereito”, explicou Vicente Mariño, quen tamén resaltou os gastos xudiciais derivados do proceso e sinalou ao anterior alcalde, Manuel Ruiz, “como como único culpábel”.

Luis Pérez engadiu que “o anterior equipo de Goberno empregou cartos de tódolos ribeirenses para intentar resolver unha licenza que sabían que era incorrecta”. Ademais, o actual rexedor aludiu a un informe do xefe do Servizo de Montes do 2020 que explicaba que concluía “que a construción desa gasolineira era desfavorábel”.

Os tres membros de Goberno quixeron compartir tamén a súa solidariedade coas traballadoras do negocio, coas que o propio alcalde Luís Pérez mantivo unha reunión tras coñecer a sentenza. “Herdamos un mandato xudicial que é moi negativo para o Concello e que pode implicar un gasto importante para as arcas públicas; pero tamén moi negativo para as 8 traballadoras que van a quedar no paro”, concluíu.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...