Sufocan un incendio no edificio okupa de Abesadas de Ribeira

06 Outubro 2023

Un amplo dispositivo de emerxencias despregouse na ribeirense rúa Xosé Ramón Fernández Barreiro por mor das chamadas dos veciños, que alertaban dunha gran cantidade de fume que saía do inmoble.

Segundo informa La Voz de Galicia, Bombeiros de Ribeira, GAEM e as policías Local e Nacional desprazáronse ata o lugar, cortando estes últimos o tránsito na vía. A cantidade de fume que saía do inmoble era tal, que tamén se estendeu pola vía que transita por detrás do edificio e onde existe un pequeno acceso rudimental ao mesmo, a rúa Alcalde Fernández Bermúdez.

Os equipos de extinción apagaron o foco no colchón para despois sacar á rúa a alfombra e terminar de emendar a incidencia.

Foto; GAEM Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-RIBEIRA

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...