A Carreira Pedestre de Lestrobe virá con restricións de tráfico en Fortunato Cruces

08 Outubro 2023

O Concello de Dodro está a ultimar os detalles do que é gran evento deportivo destes días na comarca: a XVIII Carreira Pedestre de Lestrobe, que se celebra este xoves 12 de outubro durante a mañá. Ao mesmo tempo que se realizan os últimos preparativos, o Concello volveu solicitar a colaboración da veciñanza “para que todo se realice coa maior seguridade”. Tamén compartiu nas redes o percorrido da carreira e os cortes tráficos previstos “para coñecemento de todas aquelas persoas que poidan verse afectadas”.

Estas son as as indicacións:

Data: xoves 12 de outubro de 2023

Entre as 10.15 e as 14.00 horas pecharase o tráfico de vehículos na rúa Fortunato Cruces (dende O Piñón até o Camiño Vello). Restrínxese a circulación de vehículos estacionados dentro desta zona e no centro da aldea onde se levarán a cabo os circuítos das probas de base.

Ademais, na medida do posíbel facilitaranse pasos selectivos con persoal de Protección Civil. A zona entre o Bar Caprichos e o estacionamento do Centro de Saúde (ambos incluídos) deberá estar libre e despexada, non podendo quedar ningún vehículo aparcado nas beirarrúas entre as 7.00 e as 14.00 horas do 12 de outubro.

O mércores 11 habilitarase o Campo da Festa de Lestrobe para que aqueles que non dispoñan de garaxe poidan aparcar o seu vehículo.

Quen precise máis información pode requirila no número 981 802 532.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...