
A XXV edición do Encontro dos Maiores de Outes celebrouse o sábado 7 de outubro no Pavillón Municipal da Serra cun xantar popular e unha actuación musical a cargo a agrupación Alborada. Nesta edición acadouse unha cifra de participación semellante á da anterior convocatoria: arredor de 600 persoas. A xuntanza, organizada pola Concello, veu acompañada dun servizo de buses que trouxo ao Pavillón a veciñas e veciños de todos os núcleos de poboación do termo municipal. O Concello contou para este evento co apoio do persoal municipal e dos voluntarios de Protección Civil.




