Multa de 5.000 euros a un veciño de Ribeira por morder a unha muller

10 Outubro 2023

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a condena a un veciño de Ribeira por abusar sexualmente dunha moza nun ascensor. Os feitos ocorreron o 23 de xullo de 2019, cando a vítima subiuse ao elevador. Segundo recóllese na sentenza, que publica La Voz de Galicia, o home, co que gardaba unha relación de amizade ao residir no mesmo edificio, pediulle que lle dese un abrazo, e aproveitou o xesto para agarrala, morderlle o lóbulo da orella dereita e tentar bicala á forza.

Ademais, o documento pon de manifesto a intencionalidade do acto e deixa claro que o acusado se aproximou a ela «con ánimo de satisfacer os seus desexos sexuais».

O TSXG impúxolle o pago dunha indemnización de 5.000 euros así como o cumprimento dunha orde de afastamento que desde o 2019 non lle permite aproximarse a menos de 200 metros da vítima, o seu centro de traballo, o seu domicilio ou o dos seus pais, nin comunicarse de maneira algunha con ela.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.