O novo goberno de Ribeira someterá a aprobación do Pleno os orzamentos nos 100 primeiros días de mandato

10 Outubro 2023

O executivo de Ribeira destaca a aposta polos servizos públicos dun orzamento de 36 millóns que destina 12,5 a investimento.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, a concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso e o segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta, presentaron hoxe os orzamentos que se presentarán a debate no pleno extraordinario que se celebrará mañá.

O orzamento ascende a 36.358.220 euros; fronte aos 32.121.000 euros que presentara o anterior goberno. A partida para conservación de infraestruturas aumenta en 40.000 euros, a de deportes en 30.000 euros e o saneamento en 201.000 euros. A dotación para alumeado público tamén se incrementa en 31.000 euros, medio ambiente; 7000 euros; axuda ao fogar 27.000 euros e a partida de festexos aumenta en 40.000 euros.
No documento presentado polo equipo de goberno tamén se incrementa a contía adicada á seguridade -axentes de policía e protección civil- e as adicacións a subvencións deportivas, á promoción económica no municipio e á atracción do turismo. Concretamente, “É necesario levar a aprobación este orzamento coa finalidade de dar cobertura ás necesidades básicas que demanda a veciñanza do municipio” afirmou Herminia Pouso, quen tamén explicou a necesidade de continuar coa tramitación e licitación dos proxectos de obra para os que o Concello xa ten subvencións concedidas.
A concelleira de Economía destacou a actual obriga do Concello de “dotar partidas económicas debido a facturas pendentes de pago”. Exemplificou isto falando da partida destinada ao Museo do Gravado de Artes, explicou que “o anterior goberno tiña sen acometer o gasto correspondente ao ano 2022 e ao exercicio do 2023, e como esta outras moitas”.

A reforma da casa do concello de Ribeira volve quedar deserta e o executivo avaliará se compensa inxectar máis diñeiro
Os novos orzamentos tamén recollen incrementos para facilitar a finalización de obras; como a estación de autobuses ou o parque de Palmeira por citar algúns exemplos. “Atopámonos con que a obra executada pouco ten que ver co que se tiña adxudicado no proxecto inicial, polo que se tivo que dotar de máis contía económica para facer viable o remate da mesma”. Así mesmo, dotouse de crédito a adecuación das instalacións do antigo auditorio coa finalidade de facer o traslado do funcionamento dos servizos municipais que actualmente están na Casa do Concello, prevendo a obra que se vai a realizar, “se non hai causas que o impidan, xa que recentemente a licitación da reforma da Casa do Concello volveu a quedar deserta.” salientou Pouso.
Os orzamentos contemplan unha nova operación de endebedamento para facer fronte ao investimento das obras concedidas a través de Fondos Europeos “que poñen ao Concello na tesitura de renunciar a eles ou acudir a maior endebedamento. Gustaríanos avanzar máis rápido en cuestións prioritarias como mantemento ou limpezas pero temos que facerlle fronte a débedas e gastos non aboados e comprometidos en anos anteriores” explicou a concelleira.
O documento tamén inclúe o estudo comparativo sobre a circunvalación e as alternativas formuladas polo goberno; e recóllense as contías económicas adicadas a financiar as actividades e medidas de impulso comercial. Destínanse 20.000 euros para a promoción da feira Gastromar, 20.000 euros para impulso do comercio local e 5.000 para a promoción do Nadal. Auméntase tamén o número de operarios na brigada de mantemento municipal, a partida adicada ao alumeado de nadal e a partida para benestar animal; co propósito de mellorar as instalacións municipais da canceira e habilitalas para acoller outros animais domésticos. Os servizos públicos básicos alcanzan o 31% do orzamento e a dedicación a infraestruturas o 20%. O porcentaxe de débeda pública é o 2,54%, que segundo explicou a concelleira de Facenda “é un porcentaxe baixo porque hai varias operacións de préstamo formalizadas das que aínda non se comezou o proceso de amortización de capital”.
A concelleira tamén fixo alusión á crítica do número das dedicacións exclusivas, e aclarou que “o proxecto económico actual dedicado a órganos de goberno é inferior ao que propoñía o Partido Popular; e supón o 1.65% do total do orzamento.”
Pola súa parte, Francisco Suárez-Puerta destacou que “a area social aumenta nun 25%, a partida adicada
ao CIM increméntase nun 87%, educación un 9%, a prevención de incendios nun 10% e o mantemento
de xardíns nun 22%”. Así mesmo explicou que coa aprobación do orzamento poderase levar a cabo a
actualización salarial dos traballadores do Concello e crearanse 2 prazas para axentes para reforzo da policía local, 2 do grupo de emerxencias, 2 na brigada de mantemento e 1 no conservatorio.
O alcalde Luís Pérez destacou a anomalía de presentar as contas “practicamente co ano vencido, xa que hai moitas partidas orzamentarias que xa están co gasto efectuado ou efectivizar acordos plenarios, “como o estudo da circunvalación ou a mellora do mantemento”.
O rexedor explicou que a aprobación destas contas “é necesaria para desbloquear proxectos paralizados que tiña o Partido Popular e que son fundamentais para a calidade de vida de tódolos ribeirenses”. Neste
senso destacou a estación de autobuses, o parque infantil de Palmeira e partida de saneamento, que
aumenta en máis de 200.000 euros; “porque son servizos fundamentais que debemos prestar á veciñanza”.
O alcalde explicou que o aumento da débeda pública é herdanza do anterior goberno ao establecer grandes proxectos e aludiu a “gastos que tiñan comprometidos e que non estaban recollidos en ningún documento económico”.
O rexedor reafirmou a intención da nova corporación de atender aos mantementos, limpezas e dotación de servizos básicos á poboación que melloren a calidade de vida de toda a veciñanza.
Por último e en aras a unha maior transparencia, as contas poderanse ver na web do concello unha vez sexan aprobadas polo Pleno da Corporación Municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.