“Tía Manuela: A liberdade dos outros”. Luís Celeiro

12 Outubro 2023

Quen é o bo e quen é o malo? Uns din que é mellor Pedro e outros aseguran que o mellor era Pablo. Pablo, Marta, Alberto, Irene, Yolanda, Rosa, Ione, Ada, eles, elas, Ana, Isabel, Carmiña, Cuca ou calquera das outras persoas que van votar coa cabeza e coa man no corazón, tamén son boas. E as/os que virán, como serán? Aínda que a xente nova non se implica e non se pon ao rego, todo parece indicar que as vindeiras xeracións son capaces de manter o compromiso firme co que consideran que debe ser e co que será.
Será o que sexa, pero o apropiado e o que quere a xente é un mundo máis xusto, no que se reparta o pan e o traballo, a auga e a terra e no que se extermine para sempre a fame e a miseria da xente, por imperativo da cooperación e da igualdade.
As organizacións políticas e, mesmo, as ONGs láianse do facer das novas xeracións, da falta de mocidade nas súas reas, nas filas de voluntarios, nas ringleiras de persoas que loiten contra da casta, como eles loitaron. Pero, que é ou quen son as da casta? Esa casta de malos andares, coa ou contra da que traballamos nós e vostedes, amigos/as lectores/as deste xornal. A casta vai e vén e os da casta resucitan e andan trampeando, collen impulso, recuperan folgos, morren e buscan novas vías para, se poden, volver ás andadas.
A casta, caste ou liñaxe era unha forma antiga de organización social que dividía á sociedade en varios estratos. Os tempos que veñen non están polo labor, aínda que moitos dos que queren acabar con ela, o que fan é renovala, adaptala e perfilala para que sega a mesma cultura e que o cambio revolucionario non pase da linguaxe.
A mocidade, ao parecer, non comparte tales propósitos e quere que a renovación sexa plena, que os compromisos coa xente sexan firmes e que, dunha vez por todas, a sociedade respecte, defenda e promocione os principios da igualdade e da soberanía, sen castas, sen razas, sen favoritismos, sen crispación e sen mentira.
O filósofo e fundador do sikhismo (relixión monoteísta), Guru Nanak, dixo que “non son neno, nin mozo, nin vello; nin son de ningunha casta” e aí está, ben falado. Pois despois de tanto tempo é hora de que se erradiquen as castas e de que os homes e as mulleres do mundo sexan libres e cada persoa dona do seu.
Iso sería o bo, o mellor. A liberdade é quen de erradicar a fame, as castas e as miserias, pero, como di a tía Manuela, hai que conseguila e despois, con audacia, defendela e protexela con tódalas armas, de modo moi especial, respectando a liberdade dos outros, das persoas e dos pobos.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.