O mago Teto mergullará á rapazada do Son na historia da maxia (este sábado na Casa da Cultura)

13 Outubro 2023

O mago Teto estará este sábado 14 de outubro na Casa da Cultura de Porto so Son, ofrecendo á rapazada (e aos maiores) o espectáculo familiar e didáctico A incrible historia da maxia. Será a partir das 18.00 horas.

Segundo explican dende a Área de Cultura do Concello, “trátase dun espectáculo que de seguro espertará o interese pola arte da maxia en grandes e pequerrechos/as” e que nos levará da man a “un apaixonante mundo no que as fantásticas e sorprendentes historias da maxia irán acompañadas de xogos de magos doutros tempos e de explicacións dos xogos máis representativos das décadas e dos séculos pasados”.

O espectáculo vén da man da Consellería de Cultura, ao abeiro do programa Ler Conta Moito, e do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.