A Concellería de Servizos Municipais comezará a mercar no comercio local tódolos materiais necesarios para os traballos de xardinería que realiza a brigada municipal. Así o anunciou a edil Tania Redondo, engadindo que “postamos polo comercio local co propósito de fortalecer a economía no noso municipio, e seguimos a traballar para ofrecer un servizo de calidade no mantemento de tódalas áreas verdes municipais.”
E engadiu: “Ao comprar no comercio local, diminúese a necesidade de transportar produtos dende
distancias afastadas, o que reduce a pegada de carbono asociada ao transporte e contribúe
á preservación do medio ambiente”. Tamén fixo saber que se trata “dun investimento no futuro sustentábel e próspero da localidade”, afirmou a concelleira.




