Rianxo ultima os detalles dun obradoiro dual de emprego centrado en repoboacións forestais e mellora de montes: Monte Noso

13 Outubro 2023

O Concello de Rianxo vén de recibir 398.284,65€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a posta o funcionamento do obradoiro dual de emprego denominado Monte Noso.

Segundo anunciou o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, este novo obradoiro que permitirá formar a 15 alumnos/as traballadores/as nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, así como en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes. A formación práctica desenvolverase en terreos de diferentes comunidades de montes de Rianxo.

Segundo engadiu, prevese que o obradoiro bote a andar a comezos de novembro e en vindeiras datas publicarase a convocatoria de selección do persoal de formación, así como a solicitude de alumnado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.