A ANPA Virxe de Guadalupe organiza dúas charlas sobre TDAH e uso racional (e seguro) das redes sociais

16 Outubro 2023

Este luns 16 de outubro as 18:30 o salón de actos do Instituto Félix Muriel de Rianxo vai acoller unha charla obradoiro sobre TDAH, destinada poñer o foco na importancia da formación e de contar con recursos “para que o alumnado que ten TDAH se sinta incluído e motivado nos seus estudos como o resto do alumnado”. A charla será impartida pola Asociación TDAH Salnés e vén da man da ANPA Virxe de Guadalupe.

TDAH, para quen non o saiba, son as siglas de Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade.

A maiores, esta mesma semana a ANPA Virxe de Guadalupe organiza este martes 17 ás 17.30 horas no auditorio do IES rianxeiro outra charla na que se vai poñer o foco no uso racional, anti-machista e seguro das novas tecnoloxías, concretamente no emprego das redes sociais. Trátase dunha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e financiada polo pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero, abeirada ao Programa Lúdico de Videoxogos e Redes Sociais e Igualdade (un proxecto innovador que traballa a erradicación dos estereotipos e da violencia de xénero a través do cine, do baile, o teatro, os videoxogos, as redes sociais).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.