Mércores con chuvascos máis intensos pola tarde

17 Outubro 2023

O mércores será un día de intervalos nubrados con chuvascos, que serán máis frecuentes e máis intensos ás últimas horas, cando poderán ter carácter treboento. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do suroeste, moderados con intervalos fortes no interior, fortes no litoral e zonas altas.

Haberá Precipitacións localmente fortes a partir da tarde desde a costa o interior.

Meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 6 a 8 á mañá e á tarde e 5 a 7 á noite. Vaga á mañá, media vaga á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do sudoeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 4 a 6 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.