A agrupación Píscore Teatro representa en Boiro e Ribeira, este venres 20 de outubro e este sábado 21 (respectivamente), o espectáculo Molto Barroco. O venres representarase na Casa da Cultura de Boiro a partir das 20.00 horas e o sábado no Auditorio Municipal de Ribeira a partir das 21.15 horas. Molto Barroco é un espectáculo teatral-comedia de Píscore teatro para público familiar.

En palabras da agrupación Píscore, Molto Barroco é, antes que nada, “unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro”. Neste senso, Píscore ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca.
Sinopse
Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o rei encarga ao compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares.
Ficha artística
Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas
Dirección: Fran Rei
Duración: 55 min
Público: Público Familiar
Tipo espectáculo: Familiar



