Noia achegou este ano 150.000 euros en investimentos educativos e en axudas escolares ás familias

19 Outubro 2023

O Concello de Noia fixo balance das contribucións municipais destinadas ao ámbito local da docencia, unhas achegas por valor de 150.000 euros que tiveron o nexo común de contribuír á mellora da actividade educativa e da conciliación laboral-docente das familias dende frontes diferentes pero complementarias. Así, fortalecéronse ámbitos de actividade como o servizo de madrugadores, as axudas para o servizo de comedor, as axudas para a adquisición de material escolar (30 euros por alumno) e as actividades extraescolares.

Segundo fixeron saber en rolda de prensa o alcalde Santiago Freire e máis o concelleiro de Educación, Iván Lorenzo, foron máis de 400 as persoas beneficiarias das axudas, que, segundo indicaron, “supuxeron un importante respiro para as familias”. E engadiron: “Estes datos supoñen que o Concello de Noia é o municipio de toda a contorna que máis inviste en educación”.

As axudas do comedor beneficiaron a máis do 90% dos solicitantes. No caso do material escolar, cubriuse o 100% das peticións. No que atinxe ao comedor, superouse o 90%.

O investimento realizado nos últimos anos na mellora e o mantemento dos colexios locais e institutos, ao que se engade a implantación de novos servizos, superou os 4 millóns de euros, salientaron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.