O deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, visitou esta semana o Club de Remo de Muros. Acompañado da alcaldesa, María Lago Lestón, e da primeira tenente de alcaldesa, Caridad González Cerviño, e o concelleiro de Deportes, Damán Torea, Leira mantivo un encontro con representantes das directivas do Club de Remo de Muros e Esteirana para coñecer a súa actividade e interesarse polas necesidades futuras de ambos clubs.

Ao remate da visita, Leira declarou que foi unha reunión “cordial e produtiva” nunha entidade que “conta cunha longa tradición no deporte do remo, o que se nota na afección que hai nesta vila e no número de mozas e mozas que o practican”.
O deputado subliñou que, nos últimos tres anos, a Deputación destinou numerosos recursos para mellorar o equipamento dos clubes de remo muradáns, coa adquisición dun vehículo para uso deportivo, embarcacións, remolque para o transporte das embarcacións, así como distinto material deportivo para competicións de adestramento, entre outros.
“Un apoio que”, segundo explicou Leira, “fomenta o deporte do remo en Muros pero tamén chega a outras 624 entidades de todas as disciplinas deportivas e coas que a Deputación pretende situar ao deporte da provincia da Coruña á vangarda do deporte galego”.

G



