Activada para este venres a alerta vermella por temporal costeiro no litoral da Coruña e de Lugo

19 Outubro 2023

Temporal no mar con ventos fortes do noroeste e ondas superando os 8 metros de altura no litoral norte. Actívase tamén alerta laranxa por vento no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, con refachos que poden chegar aos 100 qm/h

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar para mañá a alerta vermella por temporal costeiro no litoral oeste e noroeste da Coruña e no de Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso comezará a partir desta medianoite. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 10 metros. No restante litoral galego quedará activada a alerta laranxa, que se prevé que dea comezo xa esta tarde por mar combinada con ondas de ata 8 metros e vento de forza 8.

A maiores, esta medianoite activarase tamén a alerta laranxa por vento no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, onde se poderán acadar refachos de ata 100 km/h.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes ou paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ante a alerta por vento, sinálase ademais a necesidade de seguir as medidas de protección, como retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Boletín de tempo meteorolóxico con avisos. Día 20, venres:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.