O venres Galicia quedará dentro da influencia dunha borrasca situada ao norte de Francia. Así, o ceo estará parcialmente nurbrado con chuvascos na maior parte do territorio, ocasionalmente treboentos. As temperaturas descenderán lixeiramente. O vento soprará moderado do noroeste, forte entre o norte das Rías Baixas e a Mariña Oriental.
Atención para venres 20. ALERTA VERMELLA
Situación moi complicada no mar por vento no mar forza 8 e intervalos de forza 9 entre Fisterra e Estaca de Bares. Nas montañas de Lugo e Ourense refachos superiores aos 80 km/h. Mar combinada do noroeste con ondas entre 6 e 8 metros.

Meteogalicia
O noso mar:
Borrasca de 975 mb centrada sobre Francia. Atención: Ventos do noroeste, forza 8. Mar combinada do noroeste con ondas de 7 a 9 metros no litoral norte.
Vento do noroeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



