Até quince filmes de 11 nacionalidades distintas competirán na Mostra Mares da Fin do Mundo (Outes)

20 Outubro 2023

O Concello de Outes, a través da Área de Cultura, vén de confirmar que un total de 15 filmes participarán na Competición Oficial da VI edición da Mostra Mares da Fin do Mundo, centrada en exhibir ante o público local e da contorna o mellor do cinema documental actual relacionado co eido marítimo e os ecosistemas mariños e litorais.

A través desta escolma na sección oficial, estarán presentes no festival de Outes títulos e cineastas procedentes de 11 nacionalidades distintas. Tocaranse temas candentes como o cambio climático, o relevo xeracional nas profesións ligadas ao mar, a supervivencia da pesca tradicional, a sobreexplotación dos recursos mariños ou o mar como lugar de reencontro cun mesmo ou co pasado.

A continuación, o listado completo de títulos:

Aralkun (Daniel Asadi Faezi e Mila Zhluktenko, 2022)

Bloom (Helena Girón e Samuel Delgado, 2022)

Confine liquido (Andrea Scimone, 2022)

Daughter of the Sea (Nicole Gormley e Nancy Kwon, 2023)

Happy Life (Galina Leontieva, 2023)

Haulout (Evgenia Arbugaeva e Maxim Arbugaev, 2022)

L’Effort des hommes (Jean-Gabriel Périot, 2022)

Mission microbiome (Giulia Grossmann, 2022)

Mmrrssmm… Xeosónica # 1 Atlántico (Andrés Mahía, 2022)

Piblokto (Anastasia Shubina e Timofey Glinin, 2023)

Requiem for a Whale (Ido Weisman, 2022)

Riacheros (José Antonio Ortiz Sabido, 2022)

Shiramplari: Herencias del Río (Lucía Flórez, 2022)

Squid Fleet (Ed Ou e Will N. Miller, 2023)

Twilight Dream (Amanda Cots e Angel Suárez, 2022)

Cartaz oficial e máis actividades

A mostra de audiovisual Mares da Fin do Mundo xa está quecendo motores. Do 1 ao 5 de novembro, a Casa da Cultura de Outes acollerá a sexta edición deste festival de cine documental marítimo e mariñeiro con proxeccións especiais, mesas redondas, obradoiro de cinema con móbiles, gastronomía e música en directo.

O Concello confirmou os días pasados que o mar e a pesca sustentábel “seguirán sendo protagonistas desta nova edición”. Tamén compartiu o cartel oficial desta convocatoria.

A imaxe que acompaña o cartaz, obra do fotógrafo e deseñador José María Picón, foi tomada durante a súa última viaxe a Húsavík (Islandia), cidade ao sur do Océano Ártico, coñecida por ser un importante centro de avistamento destes cetáceos. A viaxe resultou ser unha experiencia apaixonante que nos transmite a través desta fermosa fotografía. “Dende a Mostra”, explican dende a organización, “continuaremos afondando nas luces e sombras da relación dos humanos cos mamíferos mariños, moi presentes na programación desta edición”.

Lembrar tamén que os días pasados a Aula Sostible do Freixo deu a coñecer os agasallos que acompañarán a vindeira edición da mostra. Os presentes consistirán nuns chaveiros elaborados con plásticos procedentes de diversas campañas de concienciación de reciclaxe e de limpeza de praias. Nesta edición, os chaveiros virán acompañados dun código QR que amosará ás persoas destinatarias dos presentes o proceso de fabricación e diversas curiosidades en torno ao material empregado na súa confección.

A Mostra Mares da Fin do Mundo, festival de cinema marítimo e mariñeiro organizado polo Concello de Outes e patrocinado pola Deputación de Coruña e a Xunta de Galicia.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.