As 25 xornadas de homenaxe a Valle-Inclán seguen o seu curso na Pobra con novas propostas esta fin de semana

20 Outubro 2023

Este sábado Xaquín do Valle-Inclán Alsina, neto do escritor, ofrecerá unha conferencia no Auditorio ás 20.00 horas sobre o ciclo das guerras carlistas. Tras a charla, o grupo Ouriol, formado por Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez, ofrecerá Claves líricas, unha intervención artística que fusiona poesía, música e pintura. Nese acto presentarase LA ESPAÑA TRADICIONAL, serie narrativa das guerras carlistas escrita por don Ramón del Valle-Inclán. Edición a cargo de Xaquín del Valle-Inclán, publicada en tiraxe curta polo Foro Galicia e Valle-Inclán e co patrocinio do concello da Pobra do Caramiñal. 

O acto terá lugar este sábado 21 de outubro, ás 20:00 h, no auditorio do Museo Valle-Inclán ao que seguirá un recital musicado do poemario CLAVES LÍRICAS.

Xa o domingo o teatro regresa as xornadas esta vez da man da compañía Salga Negra. Será no Elma ás 19.30 horas no que se representará Esperpento, unha función baseada en Luces de bohemia, de cuxa dirección se encargan Iván Arbildua e David Torres. A seguinte cita está fixada para o mércores e é tamén teatral. A compañía Cachirulo representará con monicreques, para os escolares do municipio, A cabeza do dragón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...