A Mancomunidade Barbanza Arousa (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) prepárase para unha nova edición do + Que Tapas. Farao cun amplo número de agasallos para residentes e visitantes mediante o formato rasca e gaña, que convidará aos participantes a degustar as tapas no maior número posible de establecementos.
A Mancomunidade Barbanza Arousa lembra que os establecementos que queiran implicarse no certame teñen até este mércores 25 de outubro para formalizar a súa presenza activa.
Esta edición celebrarase no mes de novembro, comezando cos días 3, 4 e 5 en Rianxo, os días 10,11 e 12 en Ribeira, o 17,18 e 19 en Boiro e rematando os días 24, 25 e 26 na Pobra do Caramiñal.
As empresas que queiran formar parte desta nova edición poden poñerse en contacto nos correos electrónicos info@barbanzarousa.gal ou info@somosenredos.com así coma no teléfono 633 84 57 08, tanto a través de chamada como de Whatsapp.




