O Concello de Rianxo inicia a instalación de tres composteiros comunitarios

22 Outubro 2023

O Concello de Rianxo iniciou os días pasados a instalación dos tres composteiros comunitarios que nas próximas semanas estarán habilitados no noso municipio. Trátase de áreas urbanas que contan co equipamento preciso para favorecer un aproveitamento rendíbel e sustentábel do lixo orgánico xerado nos fogares.

O Concello tamén explicou que en datas vindeiras comezará o reparto dos caldeiros para a veciñanza que participe na compostaxe comunitaria, así como unha campaña de información respecto ao proceso de compostaxe.

A actuación enmárcase na estratexia sustentábel a seguir nos próximos meses polo Concello de Rianxo, destinada a “dar cumprimento á normativa vixente en relación á recollida separada da quinta fracción (materia orgánica) para o cal instalaranse colectores marróns en diferentes puntos do municipio, favorecer unha xestión do lixo máis eficiente e sustentábel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.