“Moshé Dayán-2023 vs 1967” – Manuel Domínguez

23 Outubro 2023

No momento que escribo esta crónica, van xa 9 días que os medios están a informar do ataque inminente de Israel a Palestina, concretamente a zona norte de Gaza, día si día tamén, infórmannos do ataque inminente, e xa pasaron como digo 9 días, nove días de bombardeos a torto e a dereito, as tropas están á espera do que non chega, na fronteira son visitadas polo ministro de Defensa, polo presidente, dando ánimos a nove días dunha longa espera, mentres tanto bombardéase todo o que se move.

Que culpa terán as margaridas que danzan ao compás do vento?

Certamente 2023 non é o ano, nin son os tempos, nin tampouco viven os homes da estirpe de Moshé Dayán, ministro de defensa en 1967.

Ante a ameaza que pesaba sobre Israel, debido á compra masiva de material bélico de Exipto, decide realizar o que hoxe se coñece dese xeito como guerra preventiva, Israel en seis días vence a Exipto, Siria, Xordania e Iraq, entre o 5 e o 10 xuño 1967.

Hoxe as guerras poden facerse sen soldados, desde o despacho, apertando botóns, pódese cubrir o ceo de mísiles, bombardeando todo o que se move, bombardeando o inerte.

Que culpa terán, as margaridas ou as mapoulas do campo, que non espertarán ao novo día, pero as guerras, son crueis, cegas, soberbias, ambiciosamente cainitas.

Cúmprese este mes 42 anos en que Moshé Dayán pasou ao reino dos xustos.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.