A Aula CeMIT do Concello de Boiro amplía a oferta formativa do novembro con cursos sobre LibreOffice

23 Outubro 2023

A Aula CeMIT do Concello de Boiro amplía a súa oferta formativa cunha nova convocatoria de cursos para o mes de novembro. As prazas son limitadas e requírese inscrición previa, segundo informaron fontes deste espazo de dinamización e capacitación tecnolóxica.

Os cursos que se ofertan para o mes de novembro centrarase na ferramenta de ofimática LibreOffice Writer (que se vai impartir entre o 6 e o 9 de novembro de 10.00 a 12.00 horas); no programa de follas de cálculo LibreOffice Calc, do 13 ao 16 de novembro de 10.00 a 12.00 horas; na ferramenta de desenvolvemento e administracións de bases de datos LibreOffice Base, do 20 ao 23 de novembro de 10.00 a 12.00 horas e; en Impress do 27 ao 30 de novembro no mesmo horario.

As inscricións están abertas e poden facerse na Aula CeMIT no Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.