Martes nova borrasca con chuvias fortes na primeira metade do día. Aviso laranxa na costa

23 Outubro 2023

O martes estaremos baixo o dominio dunha nova borrasca situada ao noroeste da península Ibérica e unha fronte asociada. Deste xeito, o ceo estará cuberto e con precipitacións de oeste a leste, que serán máis intensas na metade oeste da Comunidade e ocasionalmente treboentas.

Serán máis persistentes pola mañá, máis intermitentes pola tarde. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará forte de suroeste no litoral e zonas altas do interior.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 6 a 8 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Media vaga á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e á noite e sudoeste á tarde, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...