A AEP celebra un Samaín de medo este domingo 29 de outubro

23 Outubro 2023

De novo Portosín vai celebrar ao grande a festa de Samaín (Halloween), que se festexa no punto de inflexión entre os meses de outubro e novembro. A festa virá da man da AEP (Asociación de Empresarios de Portosín) e consistirá nunha quedada terrorífica o vindeiro 29 de outubro, domingo, na praza do Curro, a partir das 16.00 horas.

“Faremos rexurdir dende a ultratumba aos personaxes máis aterradores, para gozarmos xuntas e xuntos dunha tarde terrorificamente divertida”, avanzan dende a AEP, convidando a residentes e visitantes a desfrutar dunha festa onde os relatos da santa compaña e a casa do terror serán os grandes protagonistas.

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión