Os maiores do Son xa poden inscribirse no obradoiro de bailoterapia que se celebra en tres parroquias do concello

01 Setembro 2023

O Concello de Porto do Son informou de que xa están abertas as inscricións (a través da Área de Benestar Social e do teléfono 981 867 414) para o obradoiro de bailoterapia, unha actividade de envellecemento activo para persoas maiores de 60 anos e pensionistas maiores de 55. O curso, que comeza este mes de setembro, desenvolverase os luns en Porto do Son no Polideportivo de Santa Irene (a partir das 17.45 horas), os martes na parroquia de Xuño na Casa da Cultura (a partir das 18.00 horas) e os xoves en San Pedro de Muro na Casa da Cultura (a partir das 18.00 horas).


Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.