A ABE sorteou os premios da cuarta e última das Quincenas Fantásticas (incluídos os 1.000 euros de fin de campaña)

04 Setembro 2023

A sede da patronal de Boiro (ABE) acolleu este luns 4 de setembro o sorteo dos premios da cuarta e última das quincenas da campaña de verán da ABE (Quincenas Fantásticas) e tamén do premio final de 1000€. Os premios da 4ª quincena sorteáronse entre os 1.854 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 16 e o 31 de agosto.

Segundo explicou a ABE acerca do éxito de participación desta edición da campaña, os 1.854 rexistros “supoñen un incremento de 769 sobre os rexistrados na mesma quincena do pasado ano e bateuse o récord absoluto de participación en 273 que ata o de agora o tiña a 2ª quincena de este ano con 1.581”.

Premios e premiados da cuarta quincena

250 €. Ana María Pombo. Librería El Cisne.

150 €. Matilde Cespón. Julieta Bebés.

100 €. Silvana Laíño. Cafetería York.

Bicicleta. María García. Electrodomésticos Otero.

Premio especial fin de campaña

Ademais dos premios da 4ª quincena sorteouse un premio final de 1.000€ para unha única persoa entre todos os tíckets rexistrados na campaña dende o 1 de xullo ao 31 de agosto,. En total foron 6.346, outro récord absoluto das 3 edicións que ata o de agora se celebraron.

A ABE engade no seu balance que estes 6.346 rexistros son 2.456 mais cós contabilizados edición do pasado ano e 3.877 máis cá cifra rexistrada de 2021. “Estes números”, explican dende a patronal”, falan por si mesmos da altísima participación que tivo a campaña e da progresión que ten este sistema de rexistro na web da ABE.

A persoa gañadora dos 1.000 € foi Consuelo Pombo, polo rexistro dunha compra realizada en Drolim o 24 de agosto.

Consuelo é unha das 2.165 usuarias activos que ten a asociación da na web de fidelización, que ademais de participar en sorteos como este, acumulan puntos con cada compra para trocar por agasallos do catálogo.

A entrega de premios será o vindeiro luns 11 de setembro e entregaranse os premios da 3ª e 4ª quincena.

A ABE quixo agradecer aos 2.165 clientes que rexistraron tíckets nesta campaña “tanto a súa participación” coma “o seu compromiso cos negocios locais de Boiro”.

Recordar que os premios en Bonos ABE poden utilizarse sen caducidade en calquera dos 201 negocios asociados, aos que a patronal agradeceu a súa colaboración e compromiso nos labores de información e difusión sa campaña que “foron fundamentais para acadar estes espectaculares resultados”.

A campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.