Martes con chuvascos nas primeira horas e nubes e claros o resto do día.

04 Setembro 2023

O martes Galicia mantense na influencia das baixas presións situadas ao oeste que deixan un réxime de ventos do sur.

Así,os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis probables pola mañá na costa que irán remitindo co avance da xornada. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente sur, moderado con intervalos fortes no litoral oeste durante a mañá e baixando en intensidade durante a tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sueste á noite, forza 4 a 6 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar02:130.8 m
Preamar08:293.4 m
Baixamar14:360.9 m
Preamar20:563.3 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar02:070.8 m
Preamar08:203.3 m
Baixamar14:270.9 m
Preamar20:483.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar02:100.8 m
Preamar08:243.4 m
Baixamar14:310.9 m
Preamar20:513.3 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.