O Concello de Ribeira participa na VII edición de Expocidades

07 Setembro 2023

O Concello de Ribeira participa cun stand de turismo propio na VII edición de Expocidades, que se celebra en Valongo (distrito de Porto, Portugal) do 6 ó 10 de setembro.

A Mostra Turística das Cidades do Eixo Atlántico é un evento que reúne a diversas cidades situadas na costa atlántica de España e Portugal co obxectivo de “promover o turismo e poñer en valor as características culturais, naturais e gastronómicas que ofrecen os distintos destinos participantes”.

Segundo fai saber o Concello de Ribeira, trátase “dun evento de gran importancia que xoga un papel fundamental na promoción do turismo sustentábel e a cooperación transfronteiriza entre as cidades participantes”.

O concelleiro Francisco Suárez-Puerta no stand ribeirense / Fotos: Alba Cambeiro- C.R

“Esta feira ten como propósito a promoción do turismo de proximidade pero tamén é unha oportunidade para fortalecer os vínculos culturais e económicos entre as rexións e para afrontar retos comúns, como a xestión sustentábel dos recursos naturais e a promoción dun turismo responsábel”, explica o concelleiro de Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías Francisco Suárez-Puerta Colomer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.