A ABE lanza campaña de volta ao cole con 1.000 euros en premios

07 Setembro 2023

A patronal boirense (ABE) presentou os detalles da súa nova campaña para este remate da tempada de verán: a campaña de volta ao cole, unha nova iniciativa de promoción comercial que premia a fidelidade dos clientes dos negocios asociados baixo o lema de Nesta volta ao cole, Enchemos o teu peto! Vaise desenvolver entre o 8 de setembro e o 8 de outubro e sortearanse 1.000 € en Bonos ABE divididos en 10 premios de 100€

Como indica o presidente da patronal Daniel García acerca dos obxectivos da nova campaña, “dende a ABE fixemos un esforzo por potenciar esta campaña sorteando 1.000€ en premios e os dividimos en 10 diferentes para que poidan chegar a mais clientes”.

O presidente engadiu que “esta campaña pretende axudar as familias que mercan nos establecementos asociados nunhas datas de moito gasto nas que precisan equipar aos nenos e nenas para a volta ao cole”.

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.

O sorteo será o 9 de outubro e nas rúas da localidade locen xa os paneis informativos da campaña en cadanseus monólitos de 2,5 metros.

A campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.