Todo listo para a apertura da Carpa de Nadal de Rianxo

23 Decembro 2019

O Nadal en Rianxo inclúe este ano unha completa axenda de citas a ter en conta e subliñar para no non esquecer. Así nolo recorda o Concello, que vén de facer un paso polas principais actividades culturais, festivas e de lecer que se están a organizar estes días na vila e na súa contorna, da man da Área de Cultura do Consistorio. Entre estas actividades sitúase, entre os días 24 e 31 de decembro, a Carpa de Nadal que organiza o Concello, en horario de 11.30 a 13.30 horas (días 24 e 31) e de 11.30 a 13.30 e 17.00 a 20.00 (días 26, 27, 28 e 30), dando acubillo a obradoiros, música, maxia, actividades multimedia, xogos en familia ou contacontos.

Por exemplo obradoiros para facer figuras de Papá Noel articuladas e brochetas de chuches (este martes pola mañá), contacontos de Nadal e unha visita de Papá Noel (este martes ao mediodía), obradoiros de adobíos e maquillaxe, actuacións de maxia (este xoves pola mañá e pola tarde), talleres de postais e reciclaxe de CD e máis contacontos (este venres), actividades con chapas e pulseiras de adobíos e un <em>body jump</em> infantil (este sábado 28) ou obradoiros con quebracabezas e chaveiros (este luns 30).

O Concello de Rianxo tamén recorda que co fin de seguir achegando un algo de formación e diversión á rapazada neste tempo de festividade, a Área de Comercio organiza a partir do 23 de decembro (até o 4 de xaneiro) na Ludoteca Agarimo o programa LudoNadal Merca-Concilia.

O programa complétase o 28 de decembro co Concerto de Fin de Ano, a partir das 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio, a cargo da Asociación Escola de Música de Rianxo e coa Festa de Fin de Ano que organiza a Asociación Rock in Rian na praza de Castelao, o día 31 e na madrugada do aninovo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...