O Concello de Porto de Son intensificou os traballos, neste remate de verán, pola mellora de infraestruturas, accesos e servizos, facendo fincapé na posta a punto dos colexios das parroquias e da accesibilidade nos núcleos de poboación.

Por exemplo houbo traballos en Queiruga (para mellorar o estado do Campo de Fútbol de Gourís), en Outeiro (Porto do Son) e en Xuño (poñendo o foco nas beirarrúas co fin de aumentar a accesibilidade e a seguridade de peóns e condutores). Tamén, con vistas ao inicio do curso escolar (a semana que vén) fíxose fincapé nos colexios e en acondicionar os patios e os xardíns de recreo.

–Acondicionamento en Queiruga do Campo de Fútbol de Gourís e dos accesos da súa contorna


–Acondicionamento dos accesos ao Outeiro, en Porto do Son




