Este domingo celébrase a sexta edición do Torneo de Xadrez Vila de Noia

08 Setembro 2023

A Sociedade Liceo de Noia acolle este vindeiro domingo, 10 de setembro, a sexta edición do Torneo de Xadrez “Vila de Noia”, en horario de 11.00 a 19.00 horas. Haberá as seguintes categorías, promesas, benxamín, alevín, infantil e absoluta, ou, o que é o mesmo: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-14 e categoría Absoluta. Haberá premios participativos e sorteo de agasallos. Tamén, galardóns para as/os primeiras/os clasificadas/os de cada modalidade e para a/o primeira/o local.

Esta semana o concelleiro de Deportes, Santi Rodríguez, xunto á Concelleira de Xuventude, Laura Salgado, e membros da Escola de Xadrez do Liceo de Noia fixeron a presentación do torneo.

Segundo fixeron saber, as inscricións pódense facer a través da conta xadrezbretema@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.