“As irmás Paz Montenegro” – Xulio Xiz

09 Setembro 2023

Dúas das irmás Paz Montenegro están expoñendo na sala da Deputación a súa obra máis recente, abrindo a campaña “(Re)Coñecer” que promove a Rede Museística provincial de Lugo.

Pretende a campaña, con toda a razón do mundo, poñer de manifesto o principal valor que para unha persoa supoñen os anos, a experiencia – en tempos afirmábase que era a nai da ciencia -, o paso pola vida con todas as pegadas que en nós van deixando as aventuras, os erros e os acertos, o feito de facer camiños ao andar.

Estas mulleres son dous exemplos de coñecemento froito de esforzo e de traballo: Concetta exprésase brillantemente en poesía e pintura despois dunha vida laboral dedicada ao ensino, iniciada nunha escola no máis alto de A Pontenova; Luisa, despois dun infarto cerebral tivo que aprender de novo a falar e a pintar coa man esquerda… E aí están, como monumentais exemplos de que só o que quere (neste caso, as que queren) chega á realización vital.

Teño que recoñecer que eu son parcial (como dicía Manuel María) das Irmás Paz Montenegro, fillas de Jesús Paz Cabo, xa por vilalbés, amigo, que foi compañeiro benquerido naquel vello Información y Turismo, e do que tanto aprendín. Coidaba sabelo todo sobre el, pero faltábame saber – nesta exposición están catro “plumillas” súas, como lembranza e homenaxe filial – que tamén era un magnífico debuxante. Era un firme loitador de memoria prodixiosa, gañou unha oposición con sesenta anos, escribía moi ben, e era o mellor mecanógrafo que teño visto na miña vida. Casado con Conchita Montenegro Codesal, tivo femenina familia numerosa. En traballo e en espírito, certifico que as fillas son dignas continuadoras de seu pai.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.